O compositor de Ne
me quitte pas, considerada a mellor canción en francés do século xx, é
recoñocido como mestre que soubo xuntar literatura e música.
BREL, O TORMENTO E A ÉXTASE
“Na vida dun home
hai dúas datas importantes, a do seu nacemento e a da súa morte. Todo o feito
entre esas dúas datas carece de importancia”. De ter crido as palabras de
Jaques Brel, agora estariamos a facer calquera outra cousa menos recordalo. Por
sorte, durante a súa estanza entre nós aprendemos a non crer demasiadotas
cousas que afirmaba cando non contaba ou escribía o que despois cantaría.
Brel, cínico Mestre dos xogos dos equívocos e elegante mintireiro, adoraba
contradecirse e cambiar de opinión. “Só os imbéciles non cambian nunca de
opinión”.
Razón tiña : os
que opinaban en superlativos sobre a súa obra tiñeron tempo de meditar e cegar
a conclusións maiores. A beleza proxima, provocadora, que entón estremecía
mostrouse, co paso do tempo, como unha das visións máis lúcidas e
perturbadoras da esencia humana, coas súas contradicións e temores, mesmo coas
súas maldades pero sempre con toda a súa ternura. Ese ser humano ás veces
ridículo e depresivo. Ás veces cordial, tenro ou seductor, sempre
desconcertante, que levamos dentro e que soubo sacar a relucir para o noso
solaz e rubor coa facilidade que só algúns xenios pouseirón.
“Sen ningunha
outra razón que a que contén estas palabras que Miquel Jurado escribiu sobre
Jaques Brel, decidimos realizar este TRIBUTO A BREL.
Durante
os meses de Maio e Xuño poderanse ver no UF películas, documentais, concertos
filmados, recitais, concertos en directo, unha exposición de pintura dedicada…
Foron
creados tamén tres cócteles na súa honra, e mesmo unha cervexa co seu nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario