Datos personales

Mi foto
Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...

15.10.07

LA GRAMOLA

Próximo concerto: 27 oct 2007, 23:30.
Entrada 2 €

GRAMOLA


Gramola son Juanma e Lorena,ambos naturais de Vilagarcía de Arousa.Levan dedicando-se a isto da música unha morea de anos,tanto en diferentes bandas da cidade como no coro do Liceo Casino de Vilagarcía.Actualmente Juanma compaxina o dúo co grupo de rock Tío James.


Desde o seu debut o mes de agosto en Carballo,a banda estivo a tocar sen descanso por toda a xeografia galega sementando moi boa crítica por parte do público.Tanto é asi que realizarán até finais do 2008 unha vintena de concertos,convertendo-se deste modo nunha das bandas que mais se moven de Galicia.


Fan versións de grandes clásicos asi como de música mais actual,Elvis,Rod Stewart,Jeff Buckley,Cold Play,Clapton,Alanis,The Police...,mesmo tamén incluen no seu repertório habitual grandes pezas da Bossanova e do Soul.

No hay comentarios: