Datos personales
- Café UF
- Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...
23.2.08
6.2.08
31.1.08
25 ANIVERSARIO
O CAFÉ UF foi concebido como un proxecto a longo prazo. Non hai nada bo sen tempo, nen un libro, nen un viño, nen un cadro, nen unha cidade... o tempo é o único xuíz capaz de condenar ou absolver calquera cousa. Só perdura o auténtico. Para a “gauche divine” que non ten deuses, nin templos, os cafés sempre foron os seus lugares de culto. Neles conspirouse, desde eles axitouse, neles debateuse, escribiuse, organizáronse folgas, cantouse, actuouse, pintouse, asináronse proclamas, pintáronse pancartas, os noivos pasaron as tardes e os amantes as noites, os poetas escribiron os seus desamores e os solitarios sentaron consigo mesmos sabendo que xamáis serían abandonados... e até que o tempo non vai pegando todas esas huellas invisibles nas mesas, nas cadeiras, nas paredes, nas luces; un lugar, un café, non é nada... http://cafeuf.com/
17.1.08
Ollos de Sapo
Ollos de Sapo
Alberto Lopez, voz e guitarra
Mario Novillo, percusión, guitarra e voces
Entrada 3€
7.1.08
4.1.08
26.12.07
Ultimo concerto de 2007
Días Descalzos son:
Isaac Mariño (voz y guitarra)
Miguel Montenegro (guitarras, voces, chelo suplente)
Inés Montenegro (piano, voces, huevos)
Nahuel Núñez (percusión)
7.12.07
Reunión de Trovadores

- Sábado dia 15 ás 00,00 h.:
Karel Garcia como invitado
Entrada 4 €
- Sábado dia 22 ás 23,30 h.:
Ollos de sapo
Entrada 3€
28.11.07
Concerto "Días Descalzos"

- Días Descalzos son:
Isaac Mariño (voz y guitarra)
Miguel Montenegro (guitarras, voces, chelo suplente)
Inés Montenegro (piano, voces, huevos)
Nahuel Núñez (percusión)
Entrada libre
22.11.07
14.11.07
Jean Luc Godard

"A Bout de Soufle" (Ao Final da Escapada)



Une histoire seule (Episodio2º)
Ainda que actualmente na arte non estexa de moda falar de sentimentos
- Unha lectura de Histoire(s) du cinéma de Jean-Luc Godard
Paulino Viota
Director e profesor de cine. Dirixiu Contactos (1970), Con uñas y dientes (1978) e Cuerpo a cuerpo (1982) e é autor de numerosos artigos e outras publicacións entre as que cabe destacar Jean-Luc cinéma Godard e Catálogo Jean-Luc Godard, unos cuantos hechos precisos . Imparte clases en varias institucións públicas e privadas.
Contido:
Se as historias da literatura e da arte son homoxéneas co seu obxecto porque se fan con palabras e con ilustracións, Godard decátase de que o vídeo lle permite facer a historia do cine co cine: 378 películas, 82 escritores, 18 fotógrafos son os materiais utilizados na súa serie Histoire(s) du cinéma. Trátase, máis que das historias do cine, do papel deste como síntoma ou testemuña da Historia. Nunha época de neoacademicismo, dun cine carente de ambición no ámbito específico da forma e dun videoarte descubridor de mediterráneos, esta elexía melancólica aos queridos e terribles fantasmas do século XX, pola súa invención visionaria, vai fecundar o mellor da creación audiovisual do século XXI.
1.11.07
29.10.07
Días Descalzos en concerto
"Dias Descalzos" sábado dia 3 ás 23,30 h.
Días Descalzos son:
Isaac Mariño (voz y guitarra)
Miguel Montenegro (guitarras, voces, chelo suplente)
Inés Montenegro (piano, voces, huevos)
Nahuel Núñez (percusión)
Entrada libre
15.10.07
LA GRAMOLA
Gramola son Juanma e Lorena,ambos naturais de Vilagarcía de Arousa.Levan dedicando-se a isto da música unha morea de anos,tanto en diferentes bandas da cidade como no coro do Liceo Casino de Vilagarcía.Actualmente Juanma compaxina o dúo co grupo de rock Tío James.
Desde o seu debut o mes de agosto en Carballo,a banda estivo a tocar sen descanso por toda a xeografia galega sementando moi boa crítica por parte do público.Tanto é asi que realizarán até finais do 2008 unha vintena de concertos,convertendo-se deste modo nunha das bandas que mais se moven de Galicia.
Fan versións de grandes clásicos asi como de música mais actual,Elvis,Rod Stewart,Jeff Buckley,Cold Play,Clapton,Alanis,The Police...,mesmo tamén incluen no seu repertório habitual grandes pezas da Bossanova e do Soul.
9.10.07
Che Guevara
- 18 h. o documental “La Revolución Cubana y Solidaridad Internacional”

- 20,30 h. “El amigo de siempre, Che”
El Guerrillero Heroico visto desde la perspectiva de sus relaciones humanas, en el período que va desde julio de 1957 a agosto de 1958, cuando como parte del Ejército Rebelde transitó por zonas de la Sierra Maestra pertenecientes a la actual provincia de Granma, es presentado en esta primera experiencia en el género de la única televisora comunitaria de Cuba, enclavada en San Pablo de Yao, Buey Arriba, a más 30 kilómetros de la ciudad de Bayamo. Dirigida por cuatro multipremiados directores de documentales: Waldo Ramírez, Rigoberto Jiménez, Marcos Bedolla y Carlos Rodríguez, la serie incluye testimonios de campesinos, combatientes de la guerrilla del Che y colaboradores, que le conocieron de cerca y en su mayoría todavía viven en la serranía. - 22,30 h. “Diarios de Motocicleta” de Walter Selles.
4.10.07
Concerto "Días Descalzos"
A partir de agora todos os primeiros sábados de mes actuará o grupo "Dias Descalzos", un dos prémios Utopia Son deste ano.
Días Descalzos son: Isaac Mariño (voz y guitarra). Miguel Montenegro (guitarras, voces, chelo suplente). Inés Montenegro (piano, voces, huevos). Nahuel Núñez (percusión).
Sábado dia 6 ás 23,30 h. no Café Uf R/ Pracer 19 Vigo. Entrda libre.
11.9.07
CAFÉ DE SUBÚRBIO
José Feijóo
8.9.07
Yhosvany Palma
O venres 14, concerto de YHOSVANY PALMA ganador da II Mostra de canción de autor Utopía Son
YHOSVANY PALMA
Yhosvany Palma ven de Cuba. Dicer canción e dicer Cuba case é o mesmo.E si pensamos en cantautores, de seguro que aparecen tamén nomes desa illa.
Como poderemos comprobar tanto como intérprete como na súa faceta de autor, é un digno representante desa maravillosa tradición musical cubana.
Hai algo de utopía no feito de que un cubano que vive na Galiza cante no idioma no que milleiros de emigrados galegos falaron en Cuba.
Agradecemosllo profundamente.
7.9.07
Cita de Setembro
“Vivimos en una época en la que las máquinas se hacen cada vez más complejas y los cerebros cada vez más primitivos”
28.8.07
EXPEDIENTE 37
- 37 estudios - Presentación maqueta "Expediente 37"
Sábado 1 de setembro ás 23,30 h.


Até o 31 de xaneiro.




