Datos personales

Mi foto
Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...

14.11.07

Jean Luc Godard



Histoire(s) du Cinema



Toutes les histoires (Episodio 1º)



Une histoire seule (Episodio2º)

Ainda que actualmente na arte non estexa de moda falar de sentimentos

  • Unha lectura de Histoire(s) du cinéma de Jean-Luc Godard

    Paulino Viota

    Director e profesor de cine. Dirixiu Contactos (1970), Con uñas y dientes (1978) e Cuerpo a cuerpo (1982) e é autor de numerosos artigos e outras publicacións entre as que cabe destacar Jean-Luc cinéma Godard e Catálogo Jean-Luc Godard, unos cuantos hechos precisos . Imparte clases en varias institucións públicas e privadas.

    Contido:

    Se as historias da literatura e da arte son homoxéneas co seu obxecto porque se fan con palabras e con ilustracións, Godard decátase de que o vídeo lle permite facer a historia do cine co cine: 378 películas, 82 escritores, 18 fotógrafos son os materiais utilizados na súa serie Histoire(s) du cinéma. Trátase, máis que das historias do cine, do papel deste como síntoma ou testemuña da Historia. Nunha época de neoacademicismo, dun cine carente de ambición no ámbito específico da forma e dun videoarte descubridor de mediterráneos, esta elexía melancólica aos queridos e terribles fantasmas do século XX, pola súa invención visionaria, vai fecundar o mellor da creación audiovisual do século XXI.


No hay comentarios: