Datos personales

Mi foto
Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...

25.5.08

COMEZA "Utopía Son III"



"Utopia Son" comeza ésta semana a sua terceira edición con tres concertos fora de concurso:





  1. Sanson Opare Ven de Ghana e fai hip-hop. O venres dia 30 de maio ás 23,30 h.



  2. Morau (Andoni Tolosa) ven de Euskal Herria e presenta o seu último disco "KALAMIDADIAK" . Sábado 31 de maio ás 23.30 h.


  3. Ataque Escampe gañadores da 1ª Mostra de Canción de Autor "Utopía Son" presentan o seu disco "Galicia es una mierda" .

    Sábado 7 de xuño ás 23,30 h.







2.5.08

Utopía Son III


Está aberto o prazo de inscripción para participar na III mostra da canción de autor

UTOPÍA SON é non só un concurso. Durante eses catro meses que dura, abárcase todo tipo de manifestacións relacionadas coa canción: exposicións de pintura e fotografía, charlas e debates, ciclos de documentais, ciclos de cine musical e concertos filmados, libros, exposición-audición de vinilos e CDs, revistas, seminarios etc. Paralelamente programaranse actuacións fóra de concurso de todos aqueles autores que prefiran non competir pero si apoiar á mostra.



Cada mostra de UTOPÍA SON leva unha dedicatoria, este ano decidiuse dedicala a denunciar a violencia machista. É polo que outorgaremos un premio especial, dotado de 300 €, á canción que denuncie mellor este lento xenocidio. O primeiro premio, á mellor canción, será de 600 € e o 3º de 300 €. Os tres premios recibirán un trofeo que como xa é habitual consistirá nun “SIREO”.