UTOPÍA SON é non só un concurso. Durante eses catro meses que dura, abárcase todo tipo de manifestacións relacionadas coa canción: exposicións de pintura e fotografía, charlas e debates, ciclos de documentais, ciclos de cine musical e concertos filmados, libros, exposición-audición de vinilos e CDs, revistas, seminarios etc. Paralelamente programaranse actuacións fóra de concurso de todos aqueles autores que prefiran non competir pero si apoiar á mostra.
Cada mostra de UTOPÍA SON leva unha dedicatoria, este ano decidiuse dedicala a denunciar a violencia machista. É polo que outorgaremos un premio especial, dotado de 300 €, á canción que denuncie mellor este lento xenocidio. O primeiro premio, á mellor canción, será de 600 € e o 3º de 300 €. Os tres premios recibirán un trofeo que como xa é habitual consistirá nun “SIREO”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario