O CAFÉ UF foi concebido como un proxecto a longo prazo. Non hai nada bo sen tempo, nen un libro, nen un viño, nen un cadro, nen unha cidade... o tempo é o único xuíz capaz de condenar ou absolver calquera cousa. Só perdura o auténtico. Para a “gauche divine” que non ten deuses, nin templos, os cafés sempre foron os seus lugares de culto. Neles conspirouse, desde eles axitouse, neles debateuse, escribiuse, organizáronse folgas, cantouse, actuouse, pintouse, asináronse proclamas, pintáronse pancartas, os noivos pasaron as tardes e os amantes as noites, os poetas escribiron os seus desamores e os solitarios sentaron consigo mesmos sabendo que xamáis serían abandonados... e até que o tempo non vai pegando todas esas huellas invisibles nas mesas, nas cadeiras, nas paredes, nas luces; un lugar, un café, non é nada... http://cafeuf.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario