Datos personales

- Café UF
- Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...
11.12.08
25.11.08
Pablo Ruben Fernandez
Concerto do cantautor da Coruña Pablo Rubén Fernández.
Xoven cantautor coruñés que leva doce anos tocando en diversos locais da cidade (Coruña) e fora dela. Pertence ao colectivo de cantautores coruñeses CONcierto ENcanto, formado en decembro de 2.004
Xoves 27 de novembro ás 22 h.
13.10.08
Té de Champaña con Fresas (Novidade)
26.9.08
Final Utopía Son
O sábado 27 as 23 h. terá lugar o concerto no que actuarán os gañadores desta terceira edición de UTOPIA SON e o gañador da edición anterior Yhosvany Palma.
Nesta edición dan-se dous primeiros prémios ás seguintes cancións:
O prémio á canción que mellor denunciase a violencia de xénero se reparte ex aequo entre os temas:
18.8.08
CAFÉ de SUBÚRBIO
Pede (o empregado expulsa-o sempre porta fora)
Esmola para un pao
O garoto que a fámilia explora
E trata como a um cao-
Nunca fui muito de lamentos
Desta natureza;
Nunca gostei de rimar sentimentos
Com desgraÇa e pobreza.
Mas tenho muita pena
Do seu ar infeliz, de menino doente,
A estender-me a mao, suja e pequena,
Timidamente, insistentemente…
Que mais posso fazer?
Dou-lhe a esmola embrulhada num sorriso,
Sem o empregado perceber.
Despois, regresso ao paraíso
Poema de António Manuel Couto Viana
Desenho de Juan Soutullo
17.7.08
EXPOSICIÓN COLECTIVA (violencia de xenero)
7.7.08
4.7.08
24.6.08
PROGRAMA DE ACTUACIÓNS "UTOPÍA SON"
……. Sábado 7 de Xuño ás 24 h.
ENTREGA DE PREMIOS Sábado día 27 de setembro ás 23
25.5.08
COMEZA "Utopía Son III"
"Utopia Son" comeza ésta semana a sua terceira edición con tres concertos fora de concurso:
- Sanson Opare Ven de Ghana e fai hip-hop. O venres dia 30 de maio ás 23,30 h.
- Morau (Andoni Tolosa) ven de Euskal Herria e presenta o seu último disco "KALAMIDADIAK" . Sábado 31 de maio ás 23.30 h.
- Ataque Escampe gañadores da 1ª Mostra de Canción de Autor "Utopía Son" presentan o seu disco "Galicia es una mierda" .
Sábado 7 de xuño ás 23,30 h.
2.5.08
Utopía Son III

UTOPÍA SON é non só un concurso. Durante eses catro meses que dura, abárcase todo tipo de manifestacións relacionadas coa canción: exposicións de pintura e fotografía, charlas e debates, ciclos de documentais, ciclos de cine musical e concertos filmados, libros, exposición-audición de vinilos e CDs, revistas, seminarios etc. Paralelamente programaranse actuacións fóra de concurso de todos aqueles autores que prefiran non competir pero si apoiar á mostra.
Cada mostra de UTOPÍA SON leva unha dedicatoria, este ano decidiuse dedicala a denunciar a violencia machista. É polo que outorgaremos un premio especial, dotado de 300 €, á canción que denuncie mellor este lento xenocidio. O primeiro premio, á mellor canción, será de 600 € e o 3º de 300 €. Os tres premios recibirán un trofeo que como xa é habitual consistirá nun “SIREO”.
27.3.08
Presentación da Revista "BÍBLIA"

23.2.08
6.2.08
31.1.08
25 ANIVERSARIO
O CAFÉ UF foi concebido como un proxecto a longo prazo. Non hai nada bo sen tempo, nen un libro, nen un viño, nen un cadro, nen unha cidade... o tempo é o único xuíz capaz de condenar ou absolver calquera cousa. Só perdura o auténtico. Para a “gauche divine” que non ten deuses, nin templos, os cafés sempre foron os seus lugares de culto. Neles conspirouse, desde eles axitouse, neles debateuse, escribiuse, organizáronse folgas, cantouse, actuouse, pintouse, asináronse proclamas, pintáronse pancartas, os noivos pasaron as tardes e os amantes as noites, os poetas escribiron os seus desamores e os solitarios sentaron consigo mesmos sabendo que xamáis serían abandonados... e até que o tempo non vai pegando todas esas huellas invisibles nas mesas, nas cadeiras, nas paredes, nas luces; un lugar, un café, non é nada... http://cafeuf.com/
17.1.08
Ollos de Sapo
Ollos de Sapo
Alberto Lopez, voz e guitarra
Mario Novillo, percusión, guitarra e voces
Entrada 3€