Datos personales

Mi foto
Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...

26.8.09

DE XARDÍNS, TERRAZAS, CAFÉS... (IV). As Alfavacas

UN CHINO CHEIRANDO
ALFAVACAS NO CAFÉ UF


As alfavacas sedentas piden auga
con refachos de cheiro mediterráneo

O serán abafante de finais de Xullo
exala o seu cansancio sobre os corpos

O verán ardente pasa a sua lingua úmida
sobre a pel derrotada das xentes

Eu escribo poemas entre hortensias e begonias
entre bugabillas moradas e as glicinas malvas


Alfavaca,planta papilonácia de orixe chinesa acios malvas brancas ou rosas

No hay comentarios: