Le Polidor
Le Polidor. Antes de converterse en restaurante, cita obrigada da bohemia, fora unha cremería. Verlaine e Rimbaud inauguraron un séquito de clientes memorables que culmina en 1948 coa creación da Escola Patafísica ("ciencia das solucións imaxinarias" segundo Alfred Jarry) que reúne regularmente na sala do fondo a Boris Vian, Eugène Ionesco, Jacques Prévert e Max Ernst, entre outros. Este establecemento onde non se bota de menos ningún elemento do bistrot2 parisino, cativou a múltiples artistas internacionais, e así o reflicten certas escenas do soño do mono tolo de Fernando Trueba ou todo un capítulo de 62 modelo para armar de Xullo Cortázar.
O café foi concibido para as conversacións de individuos ou de colectividades, xa que, desde fai moito mais de douscentos anos, aqueles que teñen algo que dicir, que defender, que combater, senten a necesidade de reunirse e de costejar as súas concepcións. E por que, os cafés foron sempre o berce dos clubs e das camarillas de onde xurdiron as escolas, e das escolas xurdiron os homes de talento, de éxito ou de enxeño...
Café Procope
Un dos cafés mais antigos de Paris foi o Mouton Blanc, onde se reunían A Fontaine, Boileau, Moliére e Racine... O Procope é celebre e permaneceu na memoria dos espíritos sagaces do mundo enteiro grazas ás visitas regulares e prolongadas que realizaba alli Paul Verlaine, a quen o tempo confirma e confirmará como un dos poetas franceses máis grandes e máis importantes, e quizá como o máis puro... Dalgún modo, o café ara a Real Academia do home da rúa. O centro do universo ao alcance de todos. En Paris os cafés, ata os máis celebres e os máis á vista, tiñan un certo aire neutro, discreto e distinguido que abría as súas portas alomenos ousado dos homes. Tanto é así que eses lugares, ás veces exquisitos, outra sinistros, convertéronse aos poucos no refuxio dos individuos, dos solitarios, dos amantes, dos artistas, das sociedades e das familias.
2 comentarios:
Ciao
Sinto que o Café Úf esta dentro de esa categoria.
Publicar un comentario