Datos personales

Mi foto
Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...

23.2.07

23 F. Dia especial

CAFÉ UF

Localidade: Vigo.
Dirección Placer, 19
Horario: 10,30 a 14,30 h. y de 18,30 a 3,00h.





Desde a súa apertura o 23 F. en 1983 o Café UF caracterizouse por ser unha proposta de calidade sen concesións. En todos estes anos mantivo un decidido apoio a todas as formas de cultura non oficial. convocou e subvencionou cinco premios “Sísifo” de poesía, quince números da revista de literatura “As follas de Sísifo”, a revista de jazz e blues “J&B”, trece números da revista “Work in Progress” , ciclos de cine, cursos de teatro, de música, de baile, cursos de idioma, actuacións de jazz, folk, rock alternativo, conferencias e tertulias, premios de fotografía...

Unha amplísima discoteca cunha impresionante sección de jazz e blues, música étnica, rock..., unha boa colección de videos de jazz e blues, biblioteca, videoteca, e medio centenar de revistas cada mes...todo un mundo alternativo ao vorágine de lugares masificados e alienantes.

E todo iso podes gozalo tomando algunha das corenta e cinco marcas de cervexa de importación que che ofrece, ou algunha das variadísimas tisanas, ou un dos seus cafés especiais: o “Café Uf”, por exemplo, unha maravillosa mestura de licorcafé suavizado con lume, cuberto coa dulzura da nata branca espolvoreado de aromática canela con pingas de almendra amarga; ou o “Te Uf”, mestura de te turco con tes de froitas, co toque oriental do cravo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaia! Non sabiamos que cumpriades anos o 23F... Noraboa (e grazas) por todos estes anos de cultura, calor e calidade! Esperamos estar ahi cando celebredes o 100 aniversario!!
Bicos e apertas a todos.