Charles Chaplin
O día 2 de febreiro de 1914 estreábase “Making a living”. No reparto estaban Charles Chaplin, Chester Conklin e Alice Davenporto. No 2014, cen anos despois, sabemos que naquel preciso momento facía acto de presenza un creador que sería unha achega fundamental á historia do cine, e converteríase nun do os artistas fundamentais non só do S. XX, senón de toda a historia.
Nos 53 anos que van desde 1914 ata 1967 no que estrea a súa última película, “A condesas de Hong Kong”, Charles Chaplin crea unha obra inconmensurable, xenial, única, imperecedera. E logrou, ademais, o milagre tan poucas veces conseguido, de realizar unha obra capaz de fascinar por igual tanto ás minorías culturais máis esixentes como ás masas.
A súa creación do personaxe de Charlot é quizá o icono máis famoso do último século, un mito que traspasou as pantallas e as culturas e quedouse a vivir coa xente na súa vida diaria en calquera lugar do planeta. E é quizá esta presenza continuada no tempo, esta proximidade familiar a que fai que non nos deamos conta da inmensidade, a complexidade e a profundidade da súa obra. Desa obra clásica que como todas as grandes creacións do home axúdanos a entendernos e entender o mundo.
Para celebrar este centenario, o cineclub UTOPÍA CINEMA proxectará no CAFÉ UF todos os domingos luns e martes dos meses de outubro e novembro 7 largometrajes, 12 curtos de 20 minutos cada un, e un documental.

Dirección, guión e música de Charles Chaplin.
Segundo largometraxe e primeiro drama de Chaplin no que interpreta un pequeno papel. Neste filme que dirixiu para a United Artists, productora da que el foi un dos seus fundadores, Chaplin mediante unha historia de amor tráxica, ataca duramente os prexuicios e a hipocresía da alta sociedade francesa.
“LA QUIMERA DEL ORO” 1925
É unha da suas obras mestras, a película coa que o propio Charles Chaplin dixo que quería ser recordado. Considerada unha das grandes obras da historia do cine , foi estreada o 26 de xuño de 1925, foi reestreada en 1942 nunha versión sonora á que Charles Chaplin engadiu a voz en off do narrador contando tamén cun acompañamento musical.
Modern Times é um filme de Charles Chaplin, em que o seu famoso personagem "O Vagabundo" (The Tramp) tenta sobreviver em meio ao mundo moderno e industrializado. É considerado uma forte crítica ao capitalismo, bem como uma crítica aos maus tratos que os empregados passaram a receber depois da Revolução Industrial.
Nesse filme Chaplin quis passar uma mensagem social. Cada cena é trabalhada para que a mensagem chegue verdadeiramente tal qual seja. E nada parece escapar: máquina tomando o lugar dos homens, as facilidades que levam a criminalidade e a escravidão. O amor também surge, mas surge quase paternal: o de um vagabundo por uma menina de rua.