Datos personales

Mi foto
Recitais de poesía, lecturas, presentacións de libros, teatro, marionetas, circo, cursos de baile, música, ioga, gastronomía, idiomas... No CAFÉ UF sempre se reuniu dunha forma estable gran cantidade e colectivos. Desde unha radio pirata que durante un tempo emitiu desde aquí a un colectivo anticonsumo, desde unha tertulia de literatura, a un club do viño, desde un colectivo de ciencia ficción a un coro...

9.6.14

TRIBUTO A BREL



O compositor de Ne me quitte pas, considerada a mellor canción en francés do século xx, é recoñocido como mestre  que soubo xuntar literatura e música.
BREL, O TORMENTO E A ÉXTASE
“Na vida dun home hai dúas datas importantes, a do seu nacemento e a da súa morte. Todo o feito entre esas dúas datas carece de importancia”. De ter crido as palabras de Jaques Brel, agora estariamos a facer calquera outra cousa menos recordalo. Por sorte, durante a súa estanza entre nós aprendemos a non crer demasiadotas cousas que afirmaba  cando non contaba ou escribía o que despois cantaría. Brel, cínico Mestre dos xogos dos equívocos e elegante mintireiro, adoraba contradecirse e cambiar de opinión. “Só os imbéciles non cambian nunca de opinión”.
Razón tiña : os que opinaban en superlativos sobre a súa obra tiñeron tempo de meditar e cegar a conclusións maiores. A beleza proxima, provocadora, que entón estremecía mostrouse, co paso do tempo, como unha das visións máis lúcidas e perturbadoras da esencia humana, coas súas contradicións e temores, mesmo coas súas maldades pero sempre con toda a súa ternura.  Ese ser humano ás veces ridículo e depresivo. Ás veces cordial, tenro ou seductor, sempre desconcertante, que levamos dentro e que soubo sacar a relucir para o noso solaz e rubor coa facilidade que só algúns xenios pouseirón.
 “Sen ningunha outra razón que a que contén estas palabras que Miquel Jurado escribiu sobre Jaques Brel, decidimos realizar este TRIBUTO A BREL.

Durante os meses de Maio e Xuño poderanse ver no UF películas, documentais, concertos filmados, recitais, concertos en directo, unha exposición de pintura dedicada…

Foron creados tamén tres cócteles na súa honra, e mesmo unha cervexa co seu nome.